Evento
AXENDA | Os Bolechas acompañan á bruxa Befana en Viana
3/1/23
a
3/1/23
18:00
a
19:00
Casa da Cultura de Viana
![Cartel da visita dos Bolechas a Viana.](/asset/thumbnail,768,432,center,center/media/diariodotamega/images/2023/01/03/2023010312191823082.jpg)
3 de enero de 2023, 12:40
Os Bolechas estarán esta tarde a Viana do Bolo, en concreto á Casa da Cultura ás 18:00 horas. E virán acompañados. Este Nadal recibiron unha visita especial, que non foi a dos Reis Magos nin a do Pai Noel ou o Apalpador. Chegada dende Italia, a meiga Befana aterrou coa súa vasoira na casa dos Bolechas. Os cativos vianeses poderán coñecer a esta famosa bruxa, que é a encargada de levar doces e xoguetes aos nenos italianos.
Ademais desta actividade, o Concello de Viana continúa coa súa programación de Nadal e, ao longo desta semana contarán con inchables para todas as idades. O Parque do Nadal está instalado no Pavillón municipal con horario de 16:00 a 20:00 horas ata o vindeiro sábado.
![Datas e horario do Parque do Nadal de Viana.](/media/diariodotamega/images/2023/01/03/2023010312285947741.jpg)