Evento
AXENDA | Un set de rodaxe para celebrar os 30 anos da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue
1/9/23
10:00
a
21:00
Praza García Barbón, Verín.
30 de agosto de 2023, 12:14
A Praza García Barbón de Verín vaise converter nun set de rodaxe no que os protagonistas indiscutibles serán as persoas solidarias que doan sangue. O venres, 1 de setembro, o autobús de doazón de sangue estará en Verín para celebrar os 30 anos da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia.
Non é necesaria cita previa para doar e o autobús permanecerá en Verín agardando polos doantes dende as 10 e ata as 14 horas da mañá e dende as 16:30 ata as 21 horas da tarde.
A Axencia de Doazón de Sangue emitía hoxe un aviso da falta de reservas sanguíneas dos grupos A+ e 0-.