domingo. 28.04.2024

Evento

AXENDA | Arranca o ciclo de cinema Mestre Mateo en Verín con dobre sesión

9/10/23 a 9/10/23
Auditorio e Salón de Actos da Casa da Cultura, Verín.
mestre mateo Valentina
"Valentina", finalista nos XXI Premios Mestre Mateo coma mellor longametraxe de animación.

Un ano máis, o Concello de Verín sumáse ó Ciclo Mestre Mateo, o circuíto de cinema galego que oferta unha programación composta polas películas finalistas dos premios do audiovisual galego organizados pola Academia Galega do Audiovisual. Verín inicia hoxe a programación do ciclo de cinema cunha dobre proxección.

Por unha banda, o Auditorio Municipal acollerá esta mañá ós centros escolares para que o público infantil da bisbarra poda ver Valentina, película finalista nos XXI Premios Mestre Mateo coma mellor longametraxe de animación. Será a partir das 12:30 horas.

Pola outra, No somos nada, finalista dos XXI Premios Mestre Mateo como mellor documental, que recolle o acontecido no regreso ós escenarios da lexendaria banda vasca La Polla Records logo de anos de silencio.

A través da memoria do seu vocalista, Evaristo Páramos, faise unha viaxe entre cancións, fotografías, fragmentos de animación e vellos vídeos da banda. Unha película non recomendada para menores de 12 anos que se proxectará ás 20:30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura.