miércoles. 01.05.2024

Evento

AXENDA | Andaina nocturna "Sendeiros do contrabando"

14/8/23
21:15
Vilarelho da Raia
14 agosto, camiñada contrabando

O Centro Social e Cultural de Vilarelho da Raia, coa colaboración do Concello de Oímbra, organiza a "8ª Caminhada nocturna pelos Trilhos do Contrabando", unha homenaxe ao contrabandista raiano.

Cun percorrido de 8km e unha duración aproximada de 2 horas, a andaina comezará ás 21:15h. do luns, 14 de agosto. Con saída dende o propio centro social de Vilarelho da Raia, o destino final da andaina gárdase en segredo ós participantes.

É necesario inscribirse para poder participar a través da web: www.ocontrabandista.com