sábado. 27.04.2024

Evento

AXENDA | A vida do poeta Wallace Stevens, no Ciclo Mestre Mateo

11/10/23
20:30
Salón de actos da Casa da Cultura de Verín.
a-foreign-song - ciclo mestre mateo 2023

Rodada nos Estados Unidos, A foreign song retrata a figura do poeta modernista estadounidense Wallace Stevens, autor dunha das obras poéticas máis singulares do século XX e non moi coñecido.

César Souto dirixe un documental que foi finalista nos XXI Premios Mestre Mateo en tres categorías: mellor documental, mellor dirección de fotografía e mellor dirección de produción.

Premio á mellor película española no Festival Internacional de Cine de Xixón 2022, César Souto sinala que utilizar a vida deste poeta serviulle coma porta de entrada para relacionala con feitos importantes no mundo do cinema.

O filme proxectarase hoxe, mércores 11 de outubro, ás 20:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Verín. Unha película en inglés con subtítulos en galego.