domingo. 05.05.2024

Evento

AXENDA | XIII Marcha BTT Val de Monterrei

21/5/23
9:00
Saída: Praza García Barbón de Verín.
BTT Verín XIII Marcha Val Monterrei 2023
XIII Marcha BTT Val de Monterrei

O Club BTT Verín pón en marcha a XIII edición da Marcha BTT Val de Monterrei, que se celebrará o vindeiro 21 de maio nas terras do Támega.

Como en cada edición, haberá tres percorridos dispoñibles. Dende o Club BTT Verín programaron dificultades variadas para que podan participar todas as persoas que o desexen.

Con saída dende a Praza García Barbón ás 9 da mañá, haberá unha ruta de 65 kilómetros con dificultade alta, outra de 45km de dificultade media e unha terceira ruta de 30 km pola Ecovía con dificultade baixa, un paseo.

Ó rematar, os e as participantes que o desexen poderán degustar un xantar no Restaurante Brasil da vila.

As inscricións deberán realizarse en sportmaniacs.

Comentarios