lunes. 29.04.2024

Evento

AXENDA | Día Internacional da Muller; cánsaste de oílo? Nós, de vivilo

8/3/24
12:30
Verín
1mverinddt (39) (FILEminimizer)

Baixo o lema "Que a loita continúe! Cánsaste de oílo? Nós, de vivilo", as entidades sociais da bisbarra teñen organizada unha xornada reivindicativa para conmemorar o Día Internacional da Muller na vila do Támega.

O venres 8 de marzo, a marcha polos dereitos das mulleres sairá ás 12:00 horas dende a Praza do Concello de Verín e percorrerá as rúas da vila ata a Praza García Barbón, onde terá lugar a lectura do manifesto.

Na mesma praza, ás 17:30 horas, representarase unha performance de danza reivindicativa que conta coa colaboración do alumnado da Sala Todo Fitness como corpo de baile. Unha coreografía que percorre a historia da música a través de cancións que transmiten mensaxes de empoderamento e liberación feminina. Se houber condicións meteorolóxicas adversas, todas as actividades serán trasladadas ao Pavillón de Deportes de Verín.

O Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas, a Federación de Mulleres Rurais, Cruz Vermella e o Centro de Información á Muller da Mancomunidade son as entidades encargadas de organizar as actividades en prol da igualdade de dereitos das mulleres.

Ademais, o domingo o Auditorio de Verín acollerá a representación de Invisibles; obra teatral que relata sete casos reais de violencia machista.