Evento
AXENDA | Charla informativa para loitar contra a flavescencia dourada da vide
A dirección territorial de Ourense da Consellería do Medio Rural alerta ao sector viticultor sobre a inminente fase infectiva do insecto vector da Flavescencia dourada da vide, unha enfermidade mortal para as cepas.
Ante a confirmación da súa presenza en distintas zonas que abranguen xa gran parte da DO Ribeiro e tamén na fronteira con Portugal afectando a Monterrei, as áreas de produción da nosa comarca pasan a considerarse zona tampón, polo que se establecen obrigas relativas á aplicación de tratamentos insecticidas.
Para informar detalladamente sobre o calendario de tratamentos e os produtos autorizados para erradicar o vector Scaphoideus titanus, transmisor da Flavescencia, Medio Rural convida aos viticultures a participar na charla informativa que terá lugar esta tarde na Casa da Cultura de Verín. Serán dúas sesións: ás 16:30h e 18:00h.
