Evento
AXENDA | Unha xornada para observar a fauna do Invernadeiro
Non son moitas as ocacións nas que se pode acceder ao Parque Natural do Invernadeiro para participar nunha visita guiada de avistamento de fauna. Por iso, a actividade organizada polo Servizo de Conservación da Natureza é unha oportunidade para observar a vida silvestre do parque.
Unha experiencia que permitirá gozar dunha xornada ao aire libre e ver a fauna do Invernadeiro no seu hábitat. En concreto, os rebaños de cabra montesa que viven no parque natural. Con preto de 6.000 hectáreas e situado no Macizo Central ourensán, O Invernadeiro esténdese a través de verdes e ondulantes montañas ou de abruptas paisaxes rochosas.
A ruta terá lugar o xoves, 28 de novembro. Con saída dende o propio centro de visitantes do parque ás 9:00 horas, percorrerá uns dous quilómetros polos sendeiros dos montes do Invernadeiro. As prazas son limitadas e é obrigatorio inscribirse con anterioridade no Servizo de Conservación da Natureza de Ourense, ben vía correo electrónico ou vía teléfono.
