Venres. 30.09.2022

Evento

Un cabo da GNR portuguesa presenta en Verín o seu libro sobre prostitución

30/10/21 a 30/10/21
17:00 a 19:00
Auditorio Municipal de Verín
Presentación do libro no Auditorio.
Presentación do libro no Auditorio.

O criminólogo, cabo da GNR e agora escritor portugués Joao Ribeiro da Cruz presenta o vindeiro día 30 de outubro, no Auditorio Municipal, unha historia sobre explotación sexual, violencia doméstica e tráfico de seres humanos recollida na obra 'Lenocinio e Prostitución: Visión dos maxistrados e policías'. Un instrumento moi útil, segundo aparece no prólogo do libro, para os profesionais que se adican ao estudo e combate do crime do lenocinio así como para os que se interesan por este tema, dándolles voz e apoio a todas as persoas afectadas.

Durante o acto, que comezará ás 17:00h, terá lugar unha mesa redonda na que participarán, entre outros, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane; o comandante da Garda Civil, Roberto Pampín; a coordinadora de Portas Abertas, Tamara Balboa ou a concelleira de Cultura de Verín, Emilia Somoza.

 

 

comentarios