Evento
AXENDA | Crianza Trevinca ao detalle: horarios e actividades
A V Exposición Agrogandeira Crianza Trevinca, organizada polo Concello da Veiga, abrirá as súas portas ao público esta fin de semana. O evento celebrarase na Área Recreativa do Coiñedo e contará cunha variada programación de actividades centradas na gandería, a tradición e a innovación.
Durante toda a fin de semana manteranse as exposicións permanentes de gando de razas autóctonas de Galicia (vacún, equino, ovino e caprino), maquinaria agrícola e stands de información do INORDE e BOAGA. Ademais, haberá postos de venda de produtores agrícolas locais con mel, queixos, castañas, marmeladas, embutidos e outros produtos. Complementarase con stands de artesanía e oficios tradicionais como o tallado de coiro. O evento tamén contará con actividades infantís.
As catas e obradoiros terán aforo limitado. Reserva de praza chamando ao 603719673 ou enviando un email a: centroapicolaprada@gmail.com (Raquel). Para participar nos concursos, as persoas interesadas deberán inscribirse previamente chamando ao 603719673 ou enviando un email a: centroapicolaprada@gmail.com (Raquel).
Programación Crianza Trevinca 2025
Sábado 4 de outubro
- 12:00h - Inauguración da exposición: coa actuación Banda de Gaitas da Veiga.
- 12:30-14:00h - Exhibición de cans de pastoreo: a cargo de pastoreo de Galicia ActiCan. Na zona do campo de bolos do Coiñedo.
- 12:30-13:30h- Cata de viños denominación de orixe Valdeorras acompañada de queixos “Cumbres de Trevinca” e uvas a cargo de Eugenia Medina González*.
- 12:30-14:00h - Exhibición de actividades agro-forestais: empregando tracción animal moderna, A Cargo de APTRA. Na zona do campo de bolos do Coiñedo.
- 13:00h - Degustación tenreira ecolóxica da Veiga: cociñada á grella na carpa do restaurante situado no Coiñedo.
- 16:00-19:00h - Exhibición “Elaboración augardente tradicional”.
- 16:00-17:30h - Exhibición de actividades agro-forestais. A Cargo de APTRA. Na zona do campo de bolos do Coiñedo.
- 16:30-18:00h - Exhibición de cans de pastoreo: a cargo de ActiCan. Na zona do campo de bolos do Coiñedo.
- 17:00h - Charla sobre aproveitamento agrícola con arandos, na carpa da área recreativa do Coiñedo.
- 17:20h – Demostración de uso y funcionalidades de GPS y Vallado Virtual para ganado: a cargo de Digitanimal na carpa da área recreativa do Coiñedo.
- 17:00-18:30h - Exhibición de maquinaria agrícola. Zona exposición maquinaria agrícola.
- 17:00-19:00h - Exhibición de podoloxía e ferrado de équidos.
- 17:30-18:30h - Exhibición de etoloxía equina: a cargo de Marco Barba.
- 18:00h- Degustación produtos elaborados con castañas e setas a cargo da Asociación Vive Vilariño, na carpa da area recreativa do Coiñedo.
- 18:30h - Representación da malla tradicional.
- 19:30h - Degustación de touciño entrefebrado: con ponche, augardente e doces elaborado pola Asociación Mulleres Rurais A Veiga.
- 20:00h - Peche da exposición.
- 20:30h - Concerto Xisco Feijóo na Praza do Toural.
Domingo 5 de outubro
- 11:00h - Apertura da exposición.
- 11:00h - Campionato de bolos: premios para os tres primeiros clasificados.
- 12:00-14:00h - Exhibición de podoloxía e ferrado de équidos.
- 12:00h - Concurso “Acarabuñando a gadaña”. Premio aos mellores acarabuñadores, na zona do campo de bolos do Coiñedo.
- 12:00-13:00 h - Exhibición de equitación de traballo comentada: a cargo de Marco Barba.
- 12:30-14:00h - Exhibición traballos con maquinaria agrícola.
- 12:30h - Demostración do uso de funcionalidades de GPS e Valado Virtual para ganado: a cargo de Digitanimal na carpa da área recreativa do Coiñedo.
- 12:30h - Obradoiro infantil: fabricación de grileiras artesanais. Na zona infantil.
- 13:00h - Cata de viños: acompañada de mel “Montañas de Trevinca” e uvas a cargo de Eugenia Medina González.
- 14:30h - Peche da exposición.
