domingo. 14.04.2024

Evento

AGENDA | "A cabra tira ó monte", andaina por terras de Gondulfes

23/6/23
9:00 a 16:00
Gondulfes, Castrelo do Val.
gondulfes
A andaina sairá dende Gondulfes. | FOTO: Concello de Castrelo do Val.

As terras de Gondulfes serán protagonistas dunha xornada para gozar da espectacular natureza do Concello de Castrelo do Val. Con saída dende a propia aldea de Gondulfes, a andaina subirá ata a cima de Penaboeira por estreitos camiños á beira do regato e con tramos de campo a través. Será o venres, 23 de xuño.

 

Un ruta de 8km. de dificultade media-alta, conta cun desnivel de 300 metros, que terá paradas nos puntos de interese do percorrido. Comezará a xornada ás 9h. para iniciar a subida á cima, lugar onde se fará un xantar campestre antes de regresar. Ó remate da andaina haberá unha merenda popular en Gondulfes.

 

Dende a organización recomendan levar roupa e calzado impermeable xa que se cruzará o regato de Gondulfes en varios puntos; tamén, a comida e bebida para o xantar campestre na cima de Penaboeira.

 

Para participar na andaina e na merenda é necesario reservar praza; reserva que se pode realizar ata o vindeiro luns, día 19, a través do teléfono: 604 03 18 57.