Evento
IMOS DE MAGOSTO | A Mezquita celebra o seu Magosto Popular
O Concello da Mezquita e a Asociación Cultural Os Tres Reinos organizan o tradicional Magosto da Mezquita, que terá lugar o 15 de novembro a partir das 19:00 horas. A cita combinará gastronomía, tradición e diversión para todas as idades.
O evento comezará con varias actividades populares:
-
Concurso de cociña, no que os participantes deberán elaborar un doce a base de castañas. Os mellores levarán vales de 90€, 60€ e 30€.
-
Carreira de sacos, con premios tanto para adultos como para nenos.
-
E o divertido xogo de “Arrapaña castañas”, onde haberá agasallos e vales sorpresa para os máis rápidos.
A partir das 19:00 comezará a cea popular, que incluirá empanada, chourizo, panceta e castañas. As entradas poden adquirirse no Concello: 10€ ata o 13 de novembro ou 15€ o día do magosto (se hai aforo).
A noite rematará por todo o alto coa festa con DJ Josete, que porá o ritmo á xornada máis outonal e saborosa do ano. Unha oportunidade perfecta para gozar das tradicións, da música e da boa compañía.
