domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | Volve á Mezquita o sorteo máis divertido do ano

17/12/25
11:30
CEIP Augusto Assia

O evento máis esperado do Nadal chega de novo á Mezquita: o sorteo da Caca da Vaca. A protagonista xa está lista para decidir onde caerán os 1000 € en premios.

O sorteo celebrarase o 17 de decembro a partir das 11:30 h, na explanada do CEIP Augusto Assia. Os afortunados poderán levar 5 vales de 200 € para gastar no comercio local, unha oportunidade única de combinar diversión e apoio á economía da vila.

Como participar

As papeletas do sorteo están dispoñibles no comercio local. Cada compra pode converterse nunha ocasión para ser o gañador ou gañadora do sorteo.