Evento
AXENDA | Comeza na Mezquita "A Vía da Prata por etapas", dende A Canda á Gudiña
A Deputación de Ourense, a través do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), pon en marcha o programa "Camiño da Vía da Prata por etapas" co obxectivo de achegar a histórica ruta xacobea aos veciños da provincia, ofrecéndolles a oportunidade de descubrir a pé os encantos da súa terra.
A iniciativa permite participar en etapas individuais ou no programa completo, desfrutando da compañía de guías e un servizo de autobús para os desprazamentos. Esta fin de semana comeza a iniciativa no concello da Mezquita, coa etapa de 18 km que percorrerá o camiño dende A Canda ata a Gudiña.
Será o domingo, 25 de maio, e os peregrinos poderán coñecer parte da etnografía, cultura popular e patrimonio das distintas localidades que atravesa o itinerario xacobeo. Para participar é necesario anotarse con anterioridade a través desta ligazón.

