Evento
AXENDA | Cine de verán na Mezquita
O cinema volve tomar as rúas este verán grazas ao "Circuíto provincial de cine de verán 2025", unha iniciativa impulsada pola Deputación de Ourense no marco do seu firme compromiso por achegar a cultura a cada recuncho da provincia. Unha aposta que busca non só ofrecer un entretemento de calidade, senón tamén poñer en valor o traballo do sector audiovisual local e contribuír á dinamización do rural.
Na Mezquita poderase ver a agardadísima secuela do clásico que arrasou nos cines no ano 2000, Chicken Run: o amancer dos nuggets. Animación infantil para todos os públicos que relata a aventura dunhas cantas galiñas valentes que se unen para salvar a súa propia especie dun novo e inquietante perigo: unha granxa próxima onde está a suceder algo moi sospeitoso.
Unha noite de cinema ao aire libre e de balde que terá lugar o domingo 3 de agosto, ás 22:30h, na Praza do Concello. Bota unha ollada ao tráiler!
