Evento
AXENDA | Andaina solidaria "A Mezquita con Valencia"
17/11/24
10:00
Saída dende a Casa do Concello da Mezquita.
13 de noviembre de 2024, 13:21
Na Mezquita seguen organizando actividades co obxectivo de axudar na catástrofe vivida nas terras de Valencia. Nesta ocasión, organizan unha andaina solidaria para recadar fondos que se farán chegar integramente ás vítimas da DINA.
A andaina percorrerá unha ruta circular de 10 quilómetros, con saída ás 10:00h. dende a Casa do Concello da Mezquita e pasando polas aldeas da Vilavella e do Pereiro. Unha oportunidade para pasear polas fermosas terras da Mezquita e doar 10€ que axuden a paliar os estragos que sufriron as veciñanzas dos muncipios afectados pola DINA en Valencia.
As inscricións pódense realizar ata o vindeiro 15 de novembro a través do teléfono 988 423 506.
