Evento
AXENDA | Nova edición da 'Andaina do contrabando' na Mezquita
Como vén sendo habitual ano tras ano, o Concello da Mezquita organiza unha xornada de sendeirismo coa intención de percorrer os camiños transfronteirizos das rutas do contrabando naquelas terras.
Nesta ocasión, a ruta dará comezo en Chaguazoso para camiñar cara o Penedo dos Tres Reinos, situado a 1.025 metros de altitude, na serra de Marabón, na fronteira entre os tres vellos reinos medievais de Portugal, Castela e Galicia.
Será o sábado, 21 de setembro; para participar, é necesario inscribirse, ata o venres 20, na Casa do Concello ou ben a través do teléfono 988 42 55 41.
A andaina sairá ás 9:30 horas dende a praza de Chaguazoso cara ao Penedo dos Tres Reinos, onde se unirán participantes da Moimenta (Portugal) e de Hermisende (Zamora), para voltar camiñando ata Castromil. Lugar no que se compartirá un almorzo de confraternización para repoñer forzas.
