domingo. 19.07.2026

Evento

AXENDA | "A Vía da Prata por etapas", dende A Gudiña ata Laza

1/6/25
A Gudiña
Camiño mozárabe pola provincia de Ourense, Vía da Prata por etapas

Segunda xornada do "Camiño da Vía da Prata por etapas", o programa da Deputación de Ourense que naceu co obxectivo de achegar a histórica ruta xacobea aos veciños da provincia, ofrecéndolles a oportunidade de descubrir a pé os encantos da súa terra. Pódese participar en etapas individuais ou no programa completo, desfrutando da compañía de guías e dun servizo de autobús para os desprazamentos.

Esta fin de semana é a quenda do camiño dende A Gudiña ata Laza, unha etapa das máis longas dos camiños xacobeos que ofrece dúas alternativas de percorrido:

  • Ruta 1: A Gudiña - Venta do Bolaño - Campobecerros - Laza, con 36 km de camiño.
  • Ruta 2: Venta do Bolaño - Campobecerros - Laza, con 23 km de camiño.

 

Será o domingo, 1 de xuño, e os peregrinos poderán coñecer parte da etnografía, da cultura popular e do patrimonio natural das distintas localidades que atravesa o itinerario xacobeo. Para participar é necesario anotarse con anterioridade a través desta ligazón. A saída dende Ourense con destino á Gudiña será no Parque de San Lazaro ás 8.00 h.

Comentarios