Evento
AXENDA | Terceira Foliada Torgueira na Gudiña
24/7/25
a
24/7/25
18:00
A Gudiña
9 de julio de 2025, 9:50
A música tradicional volve tomar a Praza Maior da Gudiña coa terceira edición da Foliada Torgueira, unha celebración que medra ano a ano como referente do verán na comarca da raia seca. Organizada pola Asociación Cultural Os Torgueiros coa colaboración do Concello da Gudiña, esta edición rende homenaxe ás pandeireteiras e cantareiras galegas, verdadeiras gardiás da nosa memoria oral e musical.
A xornada, que terá lugar o 24 de xullo a partir das 18:00 h, combinará artesanía, baile, música e festa popular nun espazo de encontro aberto, interxeracional e comunitario. Un recoñecemento á tradición desde a raíz e coa ollada posta no futuro.
