Evento
AXENDA | Magosto popular na Gudiña
A Gudiña prepárase para celebrar a súa III Cea do Magosto o vindeiro sábado 8 de novembro no seu Pavillón Municipal, cun completo programa de actividades para todas as idades.
A xornada comezará ás 16:00 horas cun torneo de tute (10 € por parella), con premios para os mellores. As inscricións poden facerse a través da Comisión O Carballal.
Ás 17:00 horas, haberá actividades infantís e familiares dirixidas por Lorena e Ylenia, e ás 19:00 horas, música tradicional en colaboración coa AC Os Torgueiros e outros músicos locais.
A continuación celebrarase a Cea do Magosto (con entrada), que contará cun menú tradicional: empanada, chourizo, porco ao espeto, bica, viño, auga e castañas.
Prezos da cea
-
Público xeral: 12 €
-
Menores de 10 anos: 6 €
As entradas estarán dispoñibles no Concello da Gudiña ata o 4 de novembro.
Para poñer o broche final á noite, celebrarase unha festa con entrada libre, amenizada polo DJ Tariro, que fará bailar a todos os asistentes.
