Evento
AXENDA | A Gudiña honra ao beato Sebastión de Aparicio
Nado na Gudiña aló polo 1502, traballou na seitura e foi xornaleiro en Castela, Estremadura e Andalucía antes de emigrar a México. Alí fíxose frade franciscano. En 1789 foi beatificado polo seu labor misioneiro en México, onde seguen os restos de Sebastián de Aparicio.
O Concello da Gudiña organiza cada ano as festas na honra do seu patrón coincidindo co aniversario do seu pasamento, o 25 de febreiro e 1600; celebracións que terán lugar mañá ao longo de todo o día.
O tradicional canto do ramo comezará ás 12:30h na igrexa de San Martiño, dende onde sairá a procesión cara á igrexa de San Pedro. Alí terá lugar a misa coa actuación da coral polifónica Beato Sebastián Aparicio e celebrarase a bendición dos coches á saída.
Xa pola tarde procederase ao sorteo do ramo antes da actuación musical de The Miguel Band.
