Evento
AXENDA | Entrudio A Gudiña 2025, programa
O esforzo de distintas organizacións locais nos últimos anos deu como resultado a recuperación da tradición do Entrudio da Gudiña.
O Entrudio da Gudiña arrancará o venres 14 co inicio da xuntanza de folións en Carracedo da Serra; tres días nos que se poderán escoitar os folións de Tameirón, Vilamartín, Vilariño de Conso, A Lardeira de Trives, Asociación de Pentes, Fradelo, Labregos de Trives, Petín, e A Veiga.
O día grande será o sábado de Entrudio, 1 de marzo, co desfile de carrozas e folións que rematará na noitiña coa queima do "Intrudio", figura mítica dos festexos na honra de Don Carnal na Gudiña. A inscrición de carrozas e comparsas permanecerá aberta ata o xoves 27 de febreiro no Concello da Gudiña.
Programa do Entrudio da Gudiña 2025
Este ano haberá diversos festexos que se celebrarán en distintas aldeas do municipio grazas ao traballo colaborativo das asociacións "Os Torgueiros" e "Tarabustio de Pentes", do Folión de Carracedo e o Folión do Tameirón e do propio Concello da Gudiña; con eles colaboran a Comunidade de Montes da Gudiña e a ANPA.


