Evento
AXENDA | O Carballal Son trae folk e punk rock á Gudiña
A Comisión de Festas O Carballal presenta o novo evento musical O Carballal Son, que terá lugar o vindeiro 10 de xullo de 2026 na Estación Vella da Gudiña, con inicio ás 18:00 horas.
O cartel desta primeira edición reúne a Mozkor Alaiak, formación de folk punk procedente de Euskadi; Bestas, punk folk de A Coruña; e Maldizer, banda de punk rock da propia Gudiña que actuará por primeira vez diante do seu público na casa. Ao longo da xornada haberá tamén unha sesión de vinilos a cargo de Fucha.
O evento dá continuidade ao calendario de citas musicais organizadas ao longo do ano tras as celebradas en maio e xuño, e abre ademais unha fin de semana de música na Gudiña, xa que ao día seguinte terá lugar a Foliada organizada polos Torgueiros.
O acceso será mediante taquilla inversa. Para máis información pode contactarse a través de Instagram (@ocarballalcomision) ou do teléfono 636 388 514. O evento está organizado pola Comisión de Festas O Carballal e conta coa colaboración do Concello da Gudiña.
