Evento
AXENDA | A biblioteca móbil da Xunta percorre as parroquias da Gudiña ao longo de xullo
A Furgoteca, o servizo de bibliotecas móbiles de Galicia da Xunta de Galicia, percorrerá durante o mes de xullodistintas parroquias do concello de A Gudiña a través de dúas rutas.
A Ruta 1 terá lugar o 6 de xullo, con paradas na Casa Niño Os Pequechos (10:00-10:30h), o Concello de A Gudiña (10:35-10:55h), o CPI Laureano Prieto (11:00-12:15h), Carracedo da Serra (12:30-12:50h), O Tameirón 1 e 2 (13:20-14:05h) e O Canizo 1 e 2 (14:15-15:00h).
A Ruta 2 desenvolverase o 29 de xullo, con paso por San Lourenzo (10:00-11:00h), Parada da Serra (11:20-12:00h), Herosa (12:20-13:00h), Pentes (13:20-14:00h) e Barxa (14:20-15:00h).
Para máis información pódese contactar coa Furgoteca Ourense Sur no teléfono 644 16 92 14 ou no correo afurgotecasur.ourense@xunta.gal.
