lunes. 29.04.2024
No IES Carlos Casares estudan ESO e Bacharelato a maior parte dos alumnos da comarca.
No IES Carlos Casares estudan ESO e Bacharelato a maior parte dos alumnos da comarca.

O curso 2023/24 comezou esta semana e nos concellos de Viana, A Mezquita e A Gudiña contan con máis alumnos que no ano anterior. En total son 357 estudantes, 11 máis que no curso 2022/23, e ningunha destas tres localidades perde estudantes.

O maior número de alumnos concéntrase en Viana, onde estudan os mozos de cursos superiores de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato do resto de concellos da comarca. Este ano, contan con 235 matriculados (+3) e medran especialmente en Primaria, onde pasaron de ter 78 alumnos a 87. Nos cursos de Infantil e da ESO baixan a 41 (-5) e a 68 (-4), mentres que nos estudos non obrigatorios de Bacharelato soben de 36 a 39.

O localidade que máis alumnos suma neste curso é A Gudiña, que pasa de 81 a 88. Parte de este incremento débese a que máis cativos de 3 a 6 anos se matricularon en Infantil, onde contan con 23 alumnos (+4). Tanto en Primaria como na ESO tamén medran con 27 (+2) e 38 (+1).

Por último, na Mezquita suman un alumno máis e continúan medrando. Pese a que en Primaria contan con dous matriculados menos, son 23, compensan coa chegada de novos estudantes a Infantil, onde teñen 11 cativos (+3). En total, 34 nenos e nenas estudarán nesta localidade.

Viana, A Mezquita e A Gudiña inician o curso escolar cun aumento do alumnado