viernes. 26.04.2024
Unidade móbil de Coidados Porta a Porta.
Unidade móbil de Coidados Porta a Porta.

O programa Coidados Porta a Porta, impulsado hai un ano pola Consellería de Política Social, visita esta semana Viana do Bolo e A Mezquita. Unha das súas oito unidades móbiles instalouse hoxe na Praza do Pavillón Deportivo de Viana, onde estará ata o vindeiro venres. Ese mesmo día, outra aparcará na Praza do Concello para atender á veciñanza ata o martes, exceptuando o sábado e o domingo.

O camión de Coidados Porta a Porta ofrece ás persoas maiores de 55 anos dos dous concellos, tres servizos diferentes, completamente de balde e para os que só se precisa unha cita previa. Ao longo destes meses, máis de 35.000 galegos recibiron atención na súas unidades móbiles, que percorren todos os concellos, agás as sete grandes cidades.

As citas xa están dispoñibles para os servizos que ofrecen. O de Podoloxía consiste nunha consulta básica para valorar o estado xeral do pé, un corte e limpeza de unllas, e a eliminación de durezas e callos. En Audioloxía, o especialista valorará e fará unha exploración funcional da audición e aconsellará sobre a prevención da perda auditiva. Por último, está dispoñible un servizo de Estimulación da memoria no que un profesional realizará unha valoración cognitiva e proporcionará pautas dende unha perspectiva terapéutica para previr e minorar un deterioro, en caso de habelo.

Para pedir cita só hai que chamar a un destes teléfonos, o 622 748 283 ou o 623 546 992, pero tamén se pode consultar a través do enderezo electrónico [email protected]. Ademais, hoxe ás 19:00 horas terán unha charla sobre coidados do pé en Viana, concretamente ás 19:00 horas na Casa da CulturaNa Mezquita será o venres, ás 19:00 horas no Edificio Multiusos

A unidade móbil de Coidados Porta a Porta chega a Viana e á Mezquita