viernes. 26.04.2024
Incendio no Parque Natural do Invernadeiro. | FOTO: Brif de Laza.
Incendio no Parque Natural do Invernadeiro. | FOTO: Brif de Laza.

A vaga de calor que asola a toda a provincia trouxo consigo o lume aos montes ourensáns. Desde o pasado venres, o Parque Natural do Invernadeiro, en Vilariño de Conso, sofre un incendio no que xa arderon 200 hectáreas dun espazo natural protexido de difícil acceso para os medios de extinción.

Entre os medios para a extinción deste lume, que afecta á parroquia de Pradoalbar, atópase a Brif de Laza. Os seus efectivos loitan contra as chamas desde o venres pola tarde, cando se solicitou a súa intervención. Alí seguen presentes para atallar un incendio que califican como "virulento y de considerables dimensiones".

 

Con 200 hectáreas arrasadas, é o segundo incendio activo máis grande da provincia. O lume rexistrado tamén o venres en Carballeda de Valdeorras, que está preto das 2.500 hectáreas ardidas, é o maior lume orixinado en Ourense dos últimos anos.

O incendio do Parque Natural do Invernadeiro supera as 200 hectáreas