sábado. 27.04.2024
Torre de Viana.
Torre de Viana.

O reloxo da Torre de Viana do Bolo recuperou o seu funcionamento normal, tanto no son como no ritmo habitual. Ao longo dos últimos meses, non marcaba a hora adecuada e isto causaba curiosidade entre veciños e visitantes.

Unha avaría no seu antiquísimo e delicado mecanismo foi a causante, á que se lle sumou a retirada da persoa profesional que se encargaba de poñelo a punto. Tras unha intensa busca para atopar o persoal máis axeitado para o mantemento e os coidados do reloxo, foi posto a punto.

O reloxo tivo que trasladarse nalgunhas ocasións para ser reparado e tamén precisou de varias postas a punto na propia torre, ata que se logrou conseguir que funcione en hora. Isto é unha realidade dende foi uns días, como confirman dende o Concello.

Este emblema de Viana recupera a súa función habitual para marcar os minutos, as horas e os momentos da vila, tras un pequeno parón que xa quedou atrás.

NOTICIAS VIANA | O reloxo da Torre de Viana recupera o son e o ritmo habitual