viernes. 03.05.2024
Cartel informativo sobre os talleres de autopromoción para pemes do GDR Sil-Bibei-Navea.
Cartel informativo sobre os talleres de autopromoción para pemes do GDR Sil-Bibei-Navea.

O GDR Sil-Bibei-Navea colabora con Trasgos de Caldelas para pór en marcha unha serie de talleres de autopromoción destinados para pequenas e medianas empresas (pemes). As sesións formativas levaranse a cabo en todos os concellos que se atopan dentro da área deste GDR, entre os que está Viana do Bolo.

Os días 4, 5, 6 e 7 de setembro terán lugar os obradoiros na localidade vianesa, en horario de 15:00 a 19:00 horas. Os interesados en asistir teñen catro opcións formativas nas que poden participar, coa flexibilidade de asistencia tanto de concello como nos horarios que en cada un deles se ofrecen.

O primeiro dos talleres é un sobre promoción no que se aprenderá a diseñar con éxito unha promoción para o negocio. O segundo vai sobre a venda online, que permitiró coñecer as mellores formas de levala a cabo. O terceiro trata das ferramentas de márketing para ser máis produtivos. Por último, o cuarto versará sobre consellos e trucos para conseguir os mellores resultados.

Todos estes obradoiros de autopromoción son gratuítos, non teñen ningún custo para os asistentes. Están enfocados para pemes, autónomos, emprendedores, tendas, produtores, artesáns,... que recibirán formación por parte doutros profesionais.

Os talleres son teórico-prácticos, cunha hora ou hora e media destinada íntegramente á teoría e outras dúas que serán de carácter práctico. Esta parte levarase a cabo a modo de consultoría, tratando o caso concreto de cada asistente.

Os interesados en participar poden inscribirse aquí, onde tamén atoparán máis información. Ademais, o número de teléfono 620 349 849 tamén está dispoñible.

NOTICIAS VIANA | O GDR Sil-Bibei-Navea impartirá talleres de autopromoción para pemes