domingo. 28.04.2024
Residuos que se recollen co Punto Limpo Móbil.
Residuos que se recollen co Punto Limpo Móbil.

O Concello de Viana do Bolo, grazas a un convenio firmado coa Deputación de Ourense, dispón dun servizo de recollida de residuos a domicilio para o Punto Limpo. O obxectivo desta prestación para a veciñanza é evitar que os elementos que se poden tirar con ela, non acaben depositados nas rúas nin en calquera sitio converténdoo nun vertedoiro.

Os residuos recolleranse no propio domicilio, polo que se fai da forma máis cómoda para os veciños e así non almacenarán trastos ou enseres que xa non son útiles. O único que hai que facer é chamar ao Concello, no teléfono 988 34 01 20, para informar de todo o que se queres tirar ve mantelos gardados ata que os vaian recoller.

Os elementos que se poden tirar co Punto Limpo Móbil son aqueles de gran volume, mobles, roupa ou calzado, equipamentos eléctricos ou electrónicos, e electrodomésticos. Dende o Concello tamén recordan que non se poden recoller nin depositar nos colectores de lixo doméstico -os verdes- escombros ou material de obra. Eses teñen que ser levados polos contratistas a xestores autorizados para a súa eliminación.

NOTICIAS VIANA | O Concello dispón de recollida de residuos a domicilio para o Punto Limpo