domingo. 28.04.2024
Os mozos do campo de voluntariado de Viana recibiron a visita da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel.
Os mozos do campo de voluntariado de Viana e de Larouco recibiron a visita da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel.

A Xunta de Galicia colabora este verán coa dinamización da actividade turística e cultural de Viana do Bolo a través dos seus campos de voluntariado. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta semana aos participantes desta actividade, que forman parte da campaña de verán do Goberno Autonómico. O alcalde, Andrés Montesinos, acompañounos neste encontro.

O campo de Viana xira en torno a unha temática teatral e nel, participan 12 mozos dende o pasado martes ata este sábado. O grupo está formado por rapaces de Galicia, pero tamén doutras comunidades de España e ata do estranxeiro, como Madrid, Zaragoza, Barcelona, Valencia, León, As Palmas, México, Francia e Italia. O obxectivo desta proposta é poñer en valor a historia do concello e axudar á dinamización turística e cultural do municipio a través da dramatización da historia.

Os participantes levarán a cabo unha actuación en vivo e de rúa en lugares emblemáticos como son a Torre da Homenaxe e a praza e os xardíns de Cabo da Vila; e tamén acondicionan e divulgan diferentes rutas do municipio. Esta tarde ofrecerán este espectáculo a partir das 21:00 horas na Praza Maior de Viana, onde haberá música, bailes e moitas sorpresas.

As actividades deste programa completáronse con rutas en bicicleta de montaña, visitas ao Parque Natural do Invernadoiro e xornadas de tarde na piscina e na praia fluvial de Vilariño de Conso.

Cartel da actividade do grupo do campo de voluntariado en Viana.
Cartel da actividade do grupo do campo de voluntariado en Viana.

 

NOTICIAS VIANA | Os mozos do campo de voluntariado preparan un espectáculo de animación