miércoles. 01.05.2024
Secundino Fernández presentouse como cabeza de lista do BNG en Viana.
Secundino Fernández presentouse como cabeza de lista do BNG en Viana.

O Concello de Viana quedará catro anos máis en mans de Andrés Montesinos e do PP, que gobernará en minoría. O BNG e o PSdeG-PSOE da localidade non lograron chegar a un acordo que impedise que os populares se fixesen co poder, xa que os socialistas esixían que o candidato nacionalista, Secundino Fernández, renunciase. "Fixemos varias propostas, pero a súa única condición para falar con nós era que eu non asumise ningunha responsabilidade", explica Fernández.

O candidato do BNG e a súa formación ao completo valoraron a opción, "pero non estivemos dispostos en ningún momento a que iso pasase". Os nacionalistas consideran esta postura "unha chantaxe" porque os socialistas querían influír na candidatura do BNG, "que foi votada pola cidadanía de Viana e incluso conseguimos máis apoio que os socialistas en número de votos". Os nacionalistas obtiveron tres concelleiros, os mismos co PSdeG, pero lograron máis votos que os situaron como segunda forza no concello.

"Non é demócrata nin democrático que un partido lle esixa a outro que renuncie ao seu candidato, especialmente cando xa foi apoiado cos votos do pobo" (Secundino Fernández, portavoz do BNG de Viana)

A primeira proposta que presentaron ía na liña do acordado polo BNG e polo PSdeG a nivel Galicia, de apoiar á lista máis votada para evitar gobernos do PP. Foi rexeitada polos socialistas vianeses porque a presenza de Secundino Fernández era unha liña vermella para eles. Pese a iso, plantexaron outra cun goberno rotativo para "desencallar" a situación. A resposta por parte dos socialistas seguía sendo a mesma, un non porque figuraba Fernández. "Non é demócrata nin democrático que un partido lle esixa a outro que renuncie ao seu candidato, especialmente cando xa foi apoiado cos votos do pobo", destaca o líder nacionalista.

O líder nacionalista recalca que "non estabamos dispostos a admitir esa chantaxe" e lamenta que as negociacións só se centrasen na súa persoa. "É algo desagradable porque se estaba falando de min cando se debería estar facendo de Viana, dos proxectos e propostas ou dos repartos de competencias e de organización para traballar pola localidade", afirma

A sensación coa que quedan no BNG vianés é a de que o PSdeG "non quería chegar a ningún acordo" e esa foi a razón de que se esixise que o candidato nacionalista renunciase, algo que os nacionalistas consideran "inviable". "Se o que pretendían era que gobernase o Partido Popular, esta era a mellor fórmula para conseguilo. Co que nos propuxeron, non había lugar para ningunha negociación", apunta Fernández.

Se o que pretendían era que gobernase o Partido Popular, esta era a mellor fórmula para conseguilo (Secundino Fernández, portavoz do BNG de Viana)

O candidato do BNG, que tamén foi alcalde de Viana tralas elccións de 2019 en minoría ata unha moción de censura, recalca que cada partido elixe aos seus cabezas de lista e que "o lóxico é que se negocie en función dos programas de cada un, non se nos gusta un candidato ou non". O nacionalista considera que os socialistas buscaron "escusas" para non chegar a un acordo.

NOTICIAS VIANA | O BNG cualifica de "chantaxe" as esixencias dos socialistas para pactar