lunes. 29.04.2024
Cartel dos obradoiros programados polo CIM de Viana para a cativada neste verán.
Cartel dos obradoiros programados polo CIM de Viana para a cativada neste verán.

O Concello de Viana do Bolo e o CIM da localidade contarán cunha serie de obradoiros para conciliar no inicio das vacacións de verán. Os talleres "Semente de igualdade" terán lugar polas mañás do 27 de xuño ao 7 de xullo, de 10:00 a 13:00 horas, na Casa da Cultura.

Estes obradoiros diríxense a nenos nacidos entre os anos 2011 e 2016. Ao longo destas mañás poderán desfrutar de actividades divertidas que fomentarán a súa creatividade con manualidades, contacontos, obradoiros de cociña ou xogos, entre outros.

O prazo de inscrición está aberto ata o 21 de xuño no CIM de Viana, no 988 32 92 60 ou no enderezo electrónico [email protected]. Só haberá que presentar unha solicitude de inscrición que está dispoñible aquí. O límite de prazas é 20 e adxudicaranse por orde de entrega das solicitudes.

A praza concedida a cada un dos menores será confirmada a través dunha mensaxe por WhatsApp ao teléfono de contacto que figure na documentación presentada.

NOTICIAS VIANA | O CIM vianés sementará igualdade entra a cativada este verán