
O Concello de Viana do Bolo organiza un campamento na praia para axudar ás familias a conciliar neste verán e para que a rapazada desfrute das súas vacacións. A actividade terá lugar do 26 de agosto ata o 1 de setembro no albergue xuvenil A Devesa, en Ribadeo e preto da Praia das Catedrais.
O campamento está organizado e financiado polo Concello, empregando unhas instalacións da Xunta e contando co equipo de Pinchacarneira para levalo a cabo. Os rapaces que queiran participar nel deberán ser nados entre os anos 2007 e 2015, ambos inclusive, e terán a oportunidade de desfrutar dunha semana de actividades de aventura, convivencia, xogos, praia e moitas outras cousas.
O prazo de inscrición está aberto e pódese facer en Pinchacarneira cubrindo unha folla que se pode obter aquí, xunto que se depositarán 50 euros en concepto de reserva que se descontarán do prezo final. A aportación por cada participante será de 200 euros, sendo a tarifa para segundos ou terceiros irmáns de 180.
O último día para anotarse é o próximo 9 de xuño e as prazas son limitadas. Unha vez finalizado o prazo, as prazas adxudicaranse pola orde na que se presentaron as inscricións. Para máis información pódese contactar a través do correo electrónico [email protected] ou no 622 24 10 94.