
Lara Blanco
17:26 do 30 de marzo de 2023
O Concello de Viana contará esta semana cunha oferta de ocio destinada para os máis novos da localidade, que comezan mañá as súas vacacións de Semana Santa. Do 5 ao 9 de abril abrirá o Parque de Pascua, un espazo de lecer que se instalará no pavillón municipal.
Esta iniciativa, que conta coa colaboración da Deputación de Ourense, terá entre as súas actividades un toro mecánico, inchables para tódalas idades e un Wipe Run con obstáculos. Ademais, haberá numerosas sorpresas que terán lugar durante os días de apertura, en horario de 16:00 a 20:00 horas.