miércoles. 09.10.2024
Máscaras do ViBoMask de 2020. | FOTO: Vibomask Festival Internacional Mascarada Ibérica.
Máscaras do ViBoMask de 2020. | FOTO: Vibomask Festival Internacional Mascarada Ibérica.

Festival Internacional Mascarada Ibérica ViBoMask prepara a súa oitava edición, que queda vez está máis preto. A organización confirmou as datas nas que se levará a cabo nos concellos de Viana do Bolo e Vilariño de Conso, que serán o 17, 18 e 19 de marzo

Co Entroido máis próximo ao Nadal neste 2023, con respecto a outros anos, a organización escolleu o mes de marzo "por cuestións de administración e loxística" para a súa celebración. Recalcan que esta decisión non fai que as vindeiras edicións do festival se vaian levar a cabo en dito mes. "Nesta ocasión é a opción máis axeitada", puntualizan os organizadores.

ViBoMask seguirá a manter, unha edición máis, a súa esencia de "exhibir diferentes mascaradas no marco contextual que lles é propio: unha contorna rural e en inverno". O desfile en Viana terá lugar o sábado 18 pola tarde, mentres que en Vilariño será o domingo 19 pola mañá. Ao longo das vindeiras semanas, a organización avanzará a programación completa deste evento que, cada ano, reúne a máscaras de entroido de diversos puntos de España e de Portugal.

NOTICIAS VIANA | A oitava edición do ViBoMask xa ten datas para o mes de marzo