jueves. 25.04.2024
Axenda de Viana en Igualdade que reparte o CIM.
Axenda de Viana en Igualdade que reparte o CIM.

O Concello de Viana do Bolo, a través da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM), reparte estes días unhas exclusivas axendas de 2023 baixo o lema "Viana en Igualdade". Para conseguir unha, son gratuítas, só hai que participar nunha campaña que se iniciou esta semana a través das redes sociais.

Estas axendas, diseñadas e ilustradas por Atípico, pódense recoller nas oficinas do CIM de Viana e logo haberá que cumprir unha serie de premisas. Haberá que sacar unha foto onde se vexa a axenda, pra logo subir ás redes sociais co cancelo #VianaEnIgualdade. Para rematar, etiquetarase na publicación ao CIM, cuxas contas son Cim VdB - Viana do Bolo, en Facebook; e @cim.viana, en Instagram.

O número de axendas dispoñibles é limitado, polo que se levará un control e só se entragará unha por persoas Ademais, a veciñanza de Viana terá prioridade á hora de conseguir a súa.

Con esta iniciativa, o Concello quere "amosar e demostrar o seu compromiso por promover a igualdade real entre mulleres e homes durante todos os días do ano".

NOTICIAS VIANA | O Concello promove a igualdade cunha exclusiva axenda de 2023