jueves. 18.04.2024
Cartel da programación con motivo do 25N en Viana.
Cartel da programación con motivo do 25N en Viana.

O Concello de viana do Bolo, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) e a Concellería de Igualdade, organiza unha serie de actividades para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero dirixidas á poboación. Esta programación lévase a cabo con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

A lema escollido é "Que non che corten as ás" e os actos conmemorativos comezarán xa mañá coa elaboración dun mural no que se recolla a frase que marcará este día en Viana. Nela poderá participar toda a veciñanza ao incluír unha bolboreta que será decorada e personalizada por cada veciño. Mañá pola tarde, os cativos de entre 3 e 12 anos serán os primeiros en preparar esas bolboretas e o mércores farano os grupos de memoria e apoio escolar da Cruz Vermella.

O mural exporase o venres, 25N, a modo de "photocall" na Praza Maior de Viana e simbolizará a "loita" de toda a veciñanza contra a violencia machista.

Os estudantes do IES Carlos Casares tamén terán a súa participación nesta programación. O xoves poderán ver o espectáculo escénico "Golpes", protagonizado pola actriz Estíbaliz Veiga. Esta obra narra a vida de Pamela, unha rapaza que conta a súa vida, soños, como era de romántica, e que aprendeu dunha relación que non debeu vivir. Esta actividade que previr a desigualdade dende onde nacen as relacións, a adolescencia.

O venres celebrarase a conmemoración do 25N cunha concentración na Praza Maior de Viana, na que se lerá un manifesto contra a violencia machista. O CIM instalará unha mesa informativa, onde estará o mural, para concienciar á veciñanza contra a violencia de xénero. 

A extensa programación continuará o sábado co concerto "Con nome de muller", no que o dúo de piano e voz con Cristian Leggiero e Paty Lesta fará un percorrido polas cancións máis famosas con nome de muller e, ademais, tratarán a violencia contra elas a través da música. Esta cita terá lugar na Casa da Cultura.

Para rematar as actividades do 25N, o 29 de novembro haberá obradoiros de igualdade no CEIP Bibei. Alumnos do centro, participarán nos talleres que impartirá a escritora Andrea Barreira, nos que a prevención da violencia e a promoción da igualdade serán os paires.

Un ano máis, o Concello aposta polas actividades de sensibilización co obxectivo de concienciar á sociedade vianesa sobre unha lacra que cada ano provoca gran dor e sufrimento a moitas mulleres e ás súas familias.

NOTICIAS VIANA | O Concello conmemora o 25N co lema "Que non che corten as ás"