viernes. 26.04.2024
Casa do Concello de Viana do Bolo.
Casa do Concello de Viana do Bolo.

O Concello de Viana retoma as sesións plenarias ordinarias hoxe, despois de que o último se celebrase en marzo. O PSOE de Viana critica por este retraso ó goberno local, acusándoo de incumprir de forma "flagrante" os acordos de convocalos cada dous meses e aplauden que "por fin" se vaia facer un ordinario, "tal e como viñamos reclamando dende fai meses".

A baixa da secretaria municipal, figura imprescindible para a convocatoria dun pleno, condicionou a súa convocatoria ordinaria. O alcalde, Andrés Montesinos, asegurou que estiveron buscando a un persoa para cubrir o posto e que, mentres non foi posible, contaron co secretario da Deputación para plenos extraordinariosO PSOE de Viana insite unha vez máis en que a forma de actuar do goberno local "furta" á veciñanza o seu dereito a coñecer as propostas e iniciativas dos grupos políticos da corporación, xa que nestes meses non tiveron a oportunidade de presentar ningunha moción.

A finais de agosto atoparon unha persoa que pode desenvolver as tarefas de secretario a través das bolsas de emprego da Deputación, como confirmou naquel momento Montesinos. E neste mes, recuperan a normalidade nos seus plenos ao dispoñer xa desa persoa, algo que tamén celebran dende o PSOE, pese "á súa convocatoria ás présas e sen marxe de reacción" para a oposición.

Ao pleno de hoxe levarán todas as mocións que non puideron presentar neste tempo. Entre elas encóntranse a creación dun aparcadoiro ao carón da Praza Maior, "de vital importancia" e para o cal xe se fixeran xestións previas. Tamén pedirán información sobre o arranxo da estrada  de Edroso, da que "non temos constancia de que se levara a cabo ningunha actuación ata o momento". Outros temas que abordarán son a situación da construción do centro de día, sobre a proliferación do gas radón, o arranxo das casas esborralladas na rúa San Roque e dos incumprimentos na ordenanza sobre non aparcar na Praza Maior e nas rúas adxacentes.

NOTICIAS VIANA | O Concello vianés convoca un pleno ordinario, o primeiro en medio ano