Venres. 29.03.2024
Actividades das escolas deportivas e musicais do Concello de Viana.
Actividades das escolas deportivas e musicais do Concello de Viana.

O Concello de Viana do Bolo tamén comezou o novo curso coa apertura de inscricións para as escolas deportivas e musicais municipais, que xa buscan alumnos para iniciar as xornadas formativas. Todas as actividades que ofertan custan oito euros ó mes por un soa e 12 por dúas, no caso das familias numerosas o prezo será a metade.

No caso das escolas musicais, os cursos que se ofertan son de solfeo, guitarra, percusión e gaita. As actividades están todas dirixidas tanto para nenos como para adultos. Nas deportivas, ofréncese predeporte mini e junior, fútbol mini e cadete, minibaloncesto e baloncesto infantís e, por último, patinaxe e danza. Estas están dirixidas para rapaces de educación Infantil, Primaria e Secundaria.

O prazo de inscrición para toda elas remata o 23 de setembro e os alumnos do curso pasado terán que volver anotarse. As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición. No caso das escolas deportivas, as persoas que se preinscribiron en xuño terán que volver facelo agora e terán prioridade.

Para anotarse hai que cubrir unha folla de inscrición e unha orde de domiciliación SEPA, ambas dispoñibles na web do Concello do Viana do Bolo. Os documentos tamén están á disposición en formato físico no Centro de Información á Muller de Viana. A documentación pode entregarse por vía telemática ou en papel nas oficinas do Concello.

NOTICIAS VIANA | As escolas deportivas e musicais de Viana buscan alumnos