jueves. 25.04.2024
As obras xa están en marcha para cambiar a cuberta do edificio multiusos de Viana.
As obras xa están en marcha para cambiar a cuberta do edificio multiusos de Viana.

O antigo centro de saúde de Viana, destinado agora como un edificio multiusos na rúa María Pita número 71, estará un tempo en obras. O Concello de Viana e a Consellería de Medio Rural impulsan a rehabilitación da súa cuberta, que será substituída por unha nova, cun orzamento duns 48.000 euros aportados entre as dúas adminsitracións públicas.

Nesta primeria fase da reforma estanse retirando, de xeito controlado, as placas do tellado vello de fibrocemento que conteñen amianto. Logo procederase a instalación dunha nova cuberta de chapa sándwich cun aislante de 5 centímetros de espesor. Ademais, a fachada tamén se reparará e instalaranse uns novos canalóns e baixantes de aluminio.

A superficie total sobre que a se vai traballar nas vindeiras semanas é duns 420 metros cadrados de tellado que se levantará por completo para o seu cambio.

NOTICIAS VIANA | O edificio multiusos vianés comeza a rehabilitación da súa cuberta