domingo. 05.05.2024
Cartel do Castelo Son de Viana.
Cartel do Castelo Son de Viana.

A programación cultural de Viana do Bolo para este verán terá esta fin de semana unha das súas citas máis importantes. O sábado 23 dará comezo a segunda edición do Castelo Son, un festival que se extenderá ós días 24 e 30 de xullo. O Concello organiza este evento musical, coa colaboración da Deputación de Ourense, e contarán con diversas actuacións.

O primeiro concerto será o de Paty Lesta & The Hits o día 23. O 24 será o turno de 4mal Quartet e o 30 rematarán con Caldo. Todas as actuacións terán lugar na Praza do Castelo desde as 23:00 horas. Con eles, o festival contará con diversos estilos musicais como o jazz, o blues, o indie ou o pop, para que os asistentes desfruten de todos eles.

 

O cartel está composto por artistas e grupos galegos "de calidade" que amenizarán este verán para os veciños de Viana, segundo sinalan desde o Concello. Os concertos terán lugar ao carón da Torre da Homenaxe, máis coñecida como Castelo, nun entorno "máxico" para vivir a cultura musical. O aforo será limitado ata que se completen as prazas, que se reservarán por orde de chegada.

Esta non será a única cita coa música de Viana. O próximo tres de setembro contarán co concerto de Carlos Núñez, dentro da súa xira Lugares Máxicos, que terá lugar na beira do río Bibei.

NOTICIAS VIANA | O Castelo Son encherá de música un entorno máxico de Viana