Venres. 29.03.2024
Ovellas de raza autóctona galega.
Ovellas de raza autóctona galega.

A granxa A Ciruxana organiza este sábado o I Encontro de Gandeiros de Raza Ovella Galega, que comezará ás 10:30 horas na Casa da Cultura de Viana e contará con visitas a dúas granxas da comarca. Esta iniciativa, na que colabora o Concello de Viana, comezará cunha benvida por parte dos organizadores e unha breve introducción sobre a raza ovella galega.

Castor José Rivero, presidente de Boaga; Silvia Adán Belmonte, directora técnica de Asociación de Criadores da Raza Ovella Galega (Asovega) e da Asociación de Gandeiros da Raza Cabra Galega (Capriga); e Emma González, xerente do Inorde; serán os encargados de inaugurar esta xornada, que se extenderá ata a tarde.

Os asistentes visitarán ás 11:30 horas a graxa da Ciruxana de Xoán González, que se atopa en Ardexarxe (Vilariño de Conso). Os participantes deste encontro coñecerán de preto a experiencia deste mozo gandeiro que aposta polo sistema de cría ó aire libre e a rexeneración de pastos.

O programa continuará ás 14:00 horas cun xantar no restaurante O Pendón de Manzaneda, con cordeiro galego como prato principal. Pola tarde, o encontro seguirá cunha nova visita a unha granxa. Os asistentes desprazaranse ás 16:30 horas ata Quintela de Pando (Viana) para coñecer o traballo que alí fai Nieves Fernández, gandeira tradicional e referente como criadora de ovella galega.

Cartel do I Encontro de Gandeiros de Raza Ovella Galega que terá lugar mañá en Viana.
Cartel do I Encontro de Gandeiros de Raza Ovella Galega que terá lugar mañá en Viana.

NOTICIAS VIANA | Os gandeiros de ovella galega únense nun encontro este sábado