miércoles. 09.10.2024
Actividades infantís de verán en Viana do Bolo.
Actividades infantís de verán en Viana do Bolo.

O Concello de Viana do Bolo apoiará ás familias nestas vacacións de verán, ofrecendo unha programación de actividades infantís que favorezan á conciliación. Neste 2023, a Ludoteca e o Campamento contarán con novidades e melloras, co obxectivo de lograr unha conciliación máis efectiva para as familias.

A Ludoteca terá lugar do 10 ao 28 de xullo e está destinada a nenos nados entre os anos 2011 e 2019. A Campamento terá outras datas, do 31 de xullo ao 14 de agosto, e diríxese a cativos que nacesen entre 2009 e 2019. Todas as activisades terán lugar de 10:00 a 14:00 horas.

O prazo de inscrición para ambas actividades está aberto. No caso da Ludoteca rematará o vindeiro 26 de xuño e a documentación que se precisa presentar está dispoñible aquí. Para o Campamento, as familias teñen ata o 7 de xullo para anotar aos cativos e a solicitude, xunto coa autorización do emprego de datos persoais, pódese conseguir aquí.

Toda esta documentación deberá presentarse no Rexistro do Concello de forma presencial ou telemática antes das datas anteriormente sinaladas. As prazas adxudicaránse segundo uns criterios que figuran nas “Normas para a participación nas Actividades Infantís de Verán 2023”. A concesión da praza confirmarase a través dunha mensaxe de WhatsApp ao teléfono que figure na documentación presentada.

Para saber máis, pódese contactar co CIM da localidade a través do 988 32 92 60 ou no enderezo [email protected]. As actividades son totalmente de balde para as familias, xa que están financiadas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e o Concello de Viana.

NOTICIAS VIANA | O Concello promove varias actividades infantís para favorecer á...