Venres. 29.03.2024
Programación de Nadal en Viana.
Programación de Nadal en Viana.

O Concello de Viana do Bolo organiza un programa de actividades para que os veciños desfruten das festividades de Nadal. O calendario comezarán este sábado coa visita dos paxes reais para recoller as cartas dos máis cativos e entregarllas aos Reis Magos.

A programación, prensada para todas as idades, continuará o 18 de decembro co Barrio de Belén e o 23 de decembro haberá un concerto con Antonio Barros e IAlma. O ano rematará coa música de Son do Sil o 30 de decembro.

O resto de actividades estarán máis enfocadas para os cativos que, unha vez que comecen as vacacións de Nadal, terán unha ludoteca do 26 de decembro ao 5 de xaneiro. O día 27 deste mes poderán asistir ó espectáculo musical infantil Paco Nogueiras.

Xa no 2023, dos 2 ao 8 de xaneiro contarán con inchables de Nadal e o día tres recibirán a visita dos Bolechas. A programación terá nos seus últimos días unhas das citas máis importante, que será o 5 de xaneiro coa chegada dos Reis Magos e a cabalgata que haberá polas rúas de Viana.

NOTICIAS VIANA | O Concello organiza unha programación de Nadal para todas as idades