viernes. 19.04.2024
Expositor do Concello de Viana do Bolo en Xantar.
Expositor do Concello de Viana do Bolo en Xantar.

O Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar comezou hoxe a súa 23ª edición en Expourense, onde se atopa representado o Concello de Viana do Bolo. O municipio conta cun expositor no que amosa ós vistantes a súa gastronomía e tradicións.

Un boteiro recibirá a todos aqueles curiosos que queiras coñecer de preto todo o que ten Viana do Bolo, sendo un indicador de que o Entroido terá moita importancia. A Festa da Androlla, que acadou medio século de vida neste ano, tamén é outro dos piares do seu expositor, no que está presente este embutido acompañado de chourizos.

A feira celebrarase ata o vindeiro domingo e pódese visitar en horario de 12:00 a 01:00h dende hoxe ata o sábado, mentres que o derradeiro día será de 12:00 a 18:00h. En Xantar están presentes outros concellos da contorna como poden ser o de Laza ou o de Vilariño de Conso.

Ademais, a Denominación de Orixe Monterrei únese un ano máis a Xantar no Túnel do Viño, onde tamén participan a do Ribeiro, a de Valdeorras, a da Ribeira Sacra e a das Rías Baixas.

NOTICIAS VIANA | O Concello amosa a súa gastronomía e tradicións na feira de Xantar