
O Parque Natural do Invernadeiro, en Vilariño de Conso, deixa atrás unha paisaxe verde por unha negra, calcinada. Este espazo protexido viu como se destruía nos últimos catro días a metade da súa superficie. As estimacións de Medio Rural falan de 2.650 hectáreas arrasadas e arestora continúa activo no seu avance.
Na pasada noite, as tarefas de extinción concentráronse principalmente na protección do núcleo de Pradoalbar. As lapas recorrían as altas montañas en dirección a dita población e os esforzos dos medios que traballaron sobre o terreo evitaron que se tivese que declarar o nivel 2 de emerxencia.
@CasasGrande de #Tragsa @Teresaribera de @mitecogob
— Diario de un Bombero (@BrifLaza) July 18, 2022
Cuando acabe todo espero q nos sentemos a hablar y mejorar nuestras condiciones...porque vaya "tutes"
Ahora mismo equipo d disponibilidad de #Brif Laza defendiendo Pradoalbar #IFPradoalbarVilariño
Preparando el fuego técnico. pic.twitter.com/IpwtTybzbO
A Brif de Laza atópase desprazada en Vilariño, onde traballan desde o venres na extinción deste lume, que non está a ser sinxelo. En total, os medios dispoñibles son 2 técnicos, 17 axentes, 48 brigadas, 19 motobombas, 4 pas, 4 avións e 9 helicópteros.