O concurso "Viana, ponte guapa!" elexiu ás tres gañadoras desta iniciativa impulsada polo Concello de Viana do Bolo para fomentar a decoración e ornamentación de balcóns e xanelas nas vivendas do municipio. O alcalde, Andrés Montesinos, foi o encargado de entregarlle os premios ás tres veciños que tiveron os mellores traballos.
A elaboración decorativa de Concepción Primo quedou na primeira posición, mentres que as de María Vega e Belinda Oviedo quedaron co segundo e terceiro posto, respectivamente. O concurso resolveuno un xurado independente formado por tres persoas con formación ou coñecemento nos ámbitos da decoración, da arquitectura e a botánica.
O recoñecemento vai acompañado dun premio en forma de bono por valor 200 euros para o primeiro, de 100 para o segundo e de 50 para o terceiro. As gañadoras poderano canxear en establecementos do comercio local antes do 4 de novembro.
O xurado basou a súa decisión en dunción de detalles como o deseño da composición, a orixinalidade e creatividade da mesma, a harmonía do conxunto, o uso de materiais reciclados e a vistosidade. Unha vez determinados os gañadores, dende o Concello de Viana do Bolo danlle as grazas aos participantes e a noraboa ás premiadas.