viernes. 03.05.2024
Praza Maior de Viana do Bolo FOTO: Iván Iglesias
Praza Maior de Viana do Bolo. | FOTO: Iván Iglesias

Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Viana do Bolo, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), ten previsto levar a cabo diversos actos co obxectivo de sensibilizar e concienciar á veciñanza sobre ista lacra que nos afecta como sociedade.

Ó longo de nove días, Viana acollerá unha serie de actividades de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero dirixidas a toda a poboación vianesa. Obradoiros, charlas e a concentración e lectura do manifesto institucional polo 25N son algúns dos actos organizados dende hoxe e ata o vindeiro 29 de novembro.

Programación e actividades

Os Xardíns do Sarito acollen dende hoxe a exposición “O Camiño das desigualdades”, unha mostra de carteis con cifras oficiais en torno á violencia contra as mulleres. O mércores 22 terán lugar os obradoiros de sensibilización e prevención da violencia machista co grupo de estimulación cognitiva da Cruz Vermella e o grupo de traballo das mulleres de Mourisca.


Durante a mañá do venres, 24 de novembro, celebrarase a concentración e lectura do manifesto institucional polo 25N na Praza Maior. Pensando na cativada, na mañá do sábado 25 de novembro desenvolverase un obradoiro para elaborar un mural colectivo a prol da igualdade que servirá para decorar un dos espazos municipais. Actividade que require inscrición previa no CIM.

CARTEL 25N 2023 viana02

Xa o martes 28, pola tarde, haberá un nova actividade pensada para á cativada. O obradoiro “O Benquerer abordará cuestións como: que é o bo trato e o maltrato?, tratámonos e tratamos aos/ás demais ben?, como nos gusta que nos traten? A actividade busca concienciar aos e ás participantes, que tamén farán manualidades temáticas previa inscrición no CIM.


Remata a programación da semana para a eliminación da violencia contra as mulleres coa charla “STOP Violencia sexual. Promovida pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, terá lugar durante a mañá do 29 de novembro no centro escolar e estará dirixida ao alumnado de 3ª e 4ª da ESO.

Unha exposición contra a violencia de xénero inicia os actos do 25N en Viana